El tiempo
jueves. 28.03.2024
El tiempo

PRIMEIRA GALICIA

Un punto para o Senior cun rival directo que soubo a pouco

O Pabellón tiña un partido moi importante de cara á permanencia na Primeira Galicia coa visita aos Remedios do Atlético Vilariño e ao final dos noventa minutos o choque resolveuse con táboas (1-1).

Sabe a pouco o punto sumado polos branquiverdes na tarde deste domingo, nunha confrontación na que os visitantes tiveron o mando do partido nos primeiros corenta e cinco minutos nos que anotaron o gol que lles deu vantaxe no marcador obra de David Nogueiras.

A única ocasión de perigo local neste periodo, donde nunca estivo cómodo e fóra do partido, foi un balón ao pao en un disparo do celanovense Mociño.

Segundo tempo

O paso por vestiarios sentoulle ben aos pabellonistas. Nesta fase o equipo tivo actitude a gañas de darlle a volta ao partido. Iago Outeriño abriu o camiño da esperanza ao conseguir igualar o choque. Restaba media hora por diante e os branquiverdes queimaron todas as naves para sumar os tres puntos con dúas ocasións claras nas que faltou definición.

Ao final o marcador non se movería máis e dentro do malo que supuxo o empate, os branquiverdes conseguiron facerse co coeficiente particular sobre o Atlético Vilariño despois de que na primeira volta gañaran en O Medo (0-1). O equipo segue metido na zona de descenso con 20 puntos e na próxima xornada visita ao Certelle.

 FICHA TÉCNICA

Pabellón CF (1): Julián, Rober, David, Álvaro, Marcos (Miguel Ángel, m.63), Mauro (Antón, m.85), Langa (Sergio, m.52), Mociño (Cristian Blanco, m.72), Iago Outeiriño, Pancho (Araújo, m.82) e Amills.

Atlético Villarino (1): Rodri, Poli, Joshúa, Martín Pérez, García, Esteban, David Nogueiras, Sergio Bolaño, Narwin, Otero e Aroza (Obaya, m.46).

Árbitro: Martín Rodríguez, asistido nas bandas por Quintana Couceiro e Guerra Rúa (Comité Galego-Ourense). Amonestaron a Rober (m.74), Mauro (m.80) e Iago Outeiriño (m.83) nos locais e a Martín Pérez (m.37) nos visitantes.

Goles: 0-1, m.19: David Nogueiras. 1-1, m.59: Iago Outeiriño.

Incidencias: Partido da xornada vinte e cinco da Primeira Galicia-Grupo 4º. Campo Miguel Ángel-Os Remedios de Ourense.

Un punto para o Senior cun rival directo que soubo a pouco