Un punto para o Senior, que puideron ser tres ou ningún
Sumou un punto (1-1) o Pabellón contra un Maside que circula en terra de ninguén na Primeira Galicia no choque disputado no Miguel Ángel-Os Remedios.
Na primeira metade os branquiverdes estiveron moi ordeados defensivamente nun día no que debutaba David Vázquez, con pasado no club branquiverde. Ofensivamente o equipo empregou un fútbol directo buscando segundas accións para sorprender ao rival. Ao final deste periodo o marcador non se movería.
Segundo tempo
No retorno de vestiarios o Maside tivo a oportunidade de adiantarse no marcador cun penalti que Martín Álvarez lanzou fóra ao estilo "Panenka". Neste segundo acto os pabellonistas foron máis creativos en ataque gozando de varias ocasións na que lles faltou puntería na finalización. A doce minutos do final os locatarios conseguirían adiantarse no taboleiro grazas a un penalti cometido sobre Mauro transformado por Rafita "Kun".
O rival levou moito perigo nas accións a balón parado e un par de intervencións de Julián mantiveron a portería a cero. Sen embargo, nos últimos instantes os visitanten conseguirían igualar o partido grazas a un tanto de Naym.
Este reparto de puntos permite que o Pabellón sume 19 puntos pero seguen ocupando posto de descenso. A zona de salvación está a un punto. Na próxima xornada o equipo visita ao Sporting Carballiño.
FICHA TÉCNICA
Pabellón CF (1): Julián, Rober (Aldán, m.72), Álvaro, David, Manu, Joel (Cristian Blanco, m.46), Langa (Araújo, m.62), Sergio, Mauro (Pancho, m.79), Numan (Cacha, m.67) e Rafita "Kun".
Maside FC (1): Pachi, Barbosa (Naym, m.64), Martín Vázquez, Cata, Aitor (Jhon, m.69), Manu Bardelás, Álex Bardelás, Roi (Mario, m.69), Martín Álvarez (Emilio Botana, m.54), Carra e Rivera.
Árbitro: Diallo Diallo, asistido nas bandas por Lamelas Belmonte e Ndiaye Thiam (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Araújo (m.70), Cacha (m.80) e Rafita Kun (m.90) nos locais.
Goles: 1-0, m.78: Rafita Kun, de penalti. 1-1, m.85: Naym.
Incidencias: Partido da xornada vinte e tres da Primeira Galicia-Grupo 4º. Campo Miguel Ángel-Os Remedios de Ourense.