El tiempo
jueves. 25.04.2024
El tiempo

PRIMEIRA GALICIA

Numan e Justino adiantaron aos nosos e o Barbadás igualou na recta final

A nova etapa do equipo Senior despois de troco de dirección no banquillo iniciouse cun punto no partido que pechaba a primeira volta da Primeira Galicia no campo do Barbadás B.

Cristian "Pancho" e David Valderas debutaban na dirección técnica do equipo despois da marcha de Luis Parada e Julio Casanova. O primeiro tamén formou parte do once inicial, algo que xa viña facendo, e o segundo dirixía dende a banda.

Os pabellonistas puideron sumar os tres puntos despois duns primeiros corenta e cinco minutos nos que estiveron máis acertados na finalización que o equipo rival. Os goles de Numan e Justino permitíronlle marcharse ao descanso cun marcador de 0-2.

No segundo tempo os locatarios arriscaron máis na búsqueda dun gol que os metese de cheo no partido. A apenas quince minutos do final Saúl acortaba distancias para os azuis e a cinco para o final unha desafortunada acción nun saque dende o curruncho acabaría co balón dentro da portería pabellonista nun intento de despexe de Aldán.

Ao final reparto de puntos nos Carrís, un marcador que non permitiu que o Pabellón saise da zona de descenso. O máis positivo a boa imaxe que deu o equipo e o feito de anotar dous goles nun partido, circunstancia que no se producía dende o empate no mes de setembro do pasado ano no empate co Santa Teresita nos Remedios.

FICHA TÉCNICA

UD Barbadás B (2): Lucas, Saúl (Chacón.m84), Juan, Dani, Bolaño (Outeiriño, m.46), Jhonny (Donovan, m.46), Ánder, David, Iriarte, Marco (Xaco, m.46) e Iker Corbi.

Pabellón CF (2): Bruno, Rober, Juan Pablo, Miguel Ángel (Aldán, m.53), Sergio, Marcos (Antón, m.50), Langa, Pancho (Cacha, m.53), Justino (Cristian, m.90), Numan (Caseiro, m.88) e Carlos.

Árbitro: González Castro (Comité Galego-Ourense), asistido nas bandas por Vidal González e Ferreira Oliveira. Amonestou a Jhonny (m.6) e Dani (m.83) nos locatarios e a Miguel Ángel (m.22) e Carlos (m.90) nos visitantes.

Goles: 0-1, m.14: Numan. 0-2, m.32: Justino. 1-2, m.76: Saúl. 2-2, m.85: Aldán (pp).

Incidencias: Partido da xornada dezasete da Primeira Galicia-Grupo 4º. Campo Municipal de Os Carrís.

Numan e Justino adiantaron aos nosos e o Barbadás igualou na recta...