viernes. 06.12.2019 |
El tiempo
viernes. 06.12.2019
El tiempo

LIGA NACIONAL XUVENIL

Valioso punto do Xuvenil "A" en Bouzas (0-0)

Reparto de puntos no Baltasar Pujales (0-0) entre Rápido de Bouzas e Pabellón CF dentro da Liga Nacional Xuvenil que mantén aos nosos na zona alta do grupo.

Os de Cándido Gómez cumpriron o obxectivo de sumar catro puntos nas dúas saídas consecutivas que lles deparou o calendario diante de dous rivais que tamén circular pola zona alta da táboa co ascenso no punto de mira. Despois da destacada vitoria en Pontevedra nesta ocasión o equipo sumaba un importante punto no Baltasar Pujales.

A cita foi moi disputada e os branquiverdes fixeron un partido moi práctico para acabar mantendo a súa portería a cero contra un rival moi activo e intenso. Houbo ocasións para que os nosos pensasen na vitoria pero ao final o marcador non se movería nunha cita na que debutarono defensa Aarón, procedente do xuvenil B, e o dianteiro colombiano Bryan. Ver ficha técnica.

Despois deste empate o Pabellón é quinto na táboa con 24 puntos. Ver clasificación. Na próxima xornada reciben a visita do Victoria CF da Coruña o sábado (16 horas) nos Remedios.

Valioso punto do Xuvenil "A" en Bouzas (0-0)