viernes. 06.12.2019 |
El tiempo
viernes. 06.12.2019
El tiempo

LIGA NACIONAL XUVENIL

Dous expulsados, a factura de gañar na Xunqueira

Tres puntos moi bos os que conseguiu o Pabellón Cf da Liga Nacional Xuvenil contra o Pontevedra CF (2-3) no campo de A Xunqueira cun dobrete de José Ramón e un tanto en propia meta.

Os pabellonitas tiveron que pagar unha alta factura pola destacada vitoria na Xunqueira ao sufrir dúas expulsións -Yago Ribao e José Ramón- no tramo final do partido. Os locatarios tamén quedarían en inferioridade pouco antes de que os xogadores pabellonistas abandoasen o campo.

O choque foi moi disputado entre dous equipos que circulan pola comprimida parte alta do grupo e ambos tiñan 20 puntos antes de afrontar esta cita. Foi o cadro local quen inauguraría o marcador aos seis minutos pero mediada a primeira metade un tanto en propia meta dos granates devolvería a igualdade ao marcador, nunha acción que fixo dano nos locatarios.

Neses minutos o Pabellón repúxose algo e José Ramón daría unha importante estocada antes do descanso situando aos nosos por diante (1-2) e rematando o primeiro periodo con ese marcador. Na segunda metade os de Cándido Gómez estiveron moi ben pese a que foron os pontevedrses quenes conseguirían igualar o choque. Queda moito tempo por diante e o paartido viviría os minutos máis tensos. Nese tempo o colexiado expulsaría a un xogador granate pero a superioridade pabellonista apenas duraría tres minutos xa que Yago Ribao sería expulsado.

Cos forzas igualadas os branquiverdes consegurían situarse de novo por diante cun gol de José Ramón a fallta de tres minutos para o final, pero o bigoleador branquiverde vería pouco despois o segundoa cartón amarelo tendo que abandoar o campo. Con nove homes, un menos que o Pontevedra, os nosos aguantaron o acoso final do rival para amarrar os tres puntos. Ver ficha técnica.

Con esta vitoria o Pabellón suma 23 puntos nunha apretada loita na para as dúas prazas de ascenso cunha terna de sete equipos separados por catro puntos. Ver clasificación. Na próxima xornada o equipo volve a xogar ao domicilio visitando ao Rápido de Bouzas.

Dous expulsados, a factura de gañar na Xunqueira