Non fallou. O Pabellón Promesas fixo os deberes con solvencia no campo de Villoira contra o Barco e levouse unha cómoda vitoria que lle permite proclamarse campión provincial e ascender á Liga Galega Cadete: (0-4).
Un punto necesitaban os de José Manuel Salgado para facerse co título provincial na Primera Galicia Cadete e co premio do ascenso á Liga Galega, pero os branquiverdes sumaron os tres puntos cun marcador cómodo. Ao descanso xa tiñan as cousas moi ao seu favor (0-3) cos goles de Adrián, por partida doble, e Diego.
No segundo tempo os pabellonistas souberon administrar a renda e nos últimos instantes do partido Adrián anotaría o cuarto para completar o seu hattrick e para sumar o seu 16 gol nesta segunda fase.
Os nosos acabaron a fase polo título con once triunfos e tres derrotas, anotando 38 tantos e encaixando 15. O rival do Promesas para o título e o ascenso, o Barbadás, superaba á UD Ourense "B" nos Carrís (4-0).
¡Parabéns a todos!