Lunes. 25.03.2019 |
El tiempo
Lunes. 25.03.2019
El tiempo

TORNEO OURENSE CADETE

O Barbadás "B" acabou remontando o gol de Ana Toubes (2-1)

Derrota do Pabellón Promesas no campo de Os Carrís (2-1) contra o Barbadás "B", nun partido que se puxo de cara para os nosos co gol de Ana Toubes mediada a primeira metade. A tres minutos do descanso os locatarios conseguirían a igualada coa que se foron ambos conxuntos ao descanso.

Na segunda metade o Barbadás conseguiría situarse por diante no marcador aos trece minutos e ata o final do partido non se movería máis o marcador. Pese á derrota os de Enrique Silva manteñen a primeira praza do grupo con dous puntos de vantaxe precisamente sobre a escuadra de Os Carrís

O Barbadás "B" acabou remontando o gol de Ana Toubes (2-1)