El tiempo
viernes. 29.03.2024
El tiempo

FÚTBOL 8

O Promesas B, campión da 2ª Galicia Alevín Ourense

A falta de dúas xornadas para o final do playoff na 2ª Galicia Alevín, o Pabellón Promesas B proclamouse campión da categoría despois de vencer este sábado á EDC Xinzo C nos Remedios.

Os de Antonio Parrilla e Benito Cachaldora suman dez vitorias, un empate e unha derrota nesta segunda fase da competición. Na primeira delas os branquiverdes tamén acabaran na primeira praza do Grupo 1A.

Parabéns a corpo técnico e xogadores!!!!!

O Promesas B, campión da 2ª Galicia Alevín Ourense