Primer triunfo do Senior a domicilio na véspera do choque da Copa Deputación
Vitoria importantísima do Pabellón no campo do Atlético Vilariño, que supuxo o primeiro triunfo a domicilio dos branquiverdes. Uns e outros necesitaban os puntos dada a clasificación de ambos na Primeira Galicia, os locatarios colistas do grupo sen coñecer a victoria e os pabellonistas tratando de manterse ao marxe da zona de descenso.
Ao final un gol de Numan mediada a primeira metade faciltou a vitoria dos de Luis Parada e Julio Casanova, para alcanzar 8 puntos manténdose fóra dos postos que conlevan á pérdida da categoría.
Luis Parada
Ao final do partido o técnico branquiverde Luis Parada comentaba que "O partido foi moi disputado e intenso por parte dos dous equipos- Adiantamos cunha boa internada de Justino pola banda que acabou cun centro que Numan cabeceou ao pao afastado".
O preparador pabellonista explicaba que "Sufrimos nas súas xogadas a balón parado, pero defendémolos ben tanto en zona defensiva como Julián, o porteiro, que dominou a área como quería.
En canto ao segundo tempo explicaba que "Foi máis igualada foi e conseguimos defender o resultado da primeira parte. Foi unha gran vitoria ante un rival tamén necesitado de puntos".
Copa Deputación
Este martes festivo está prevista a eliminatoria de dezaseisavos da Copa Deputación na que o Pabellón terá como rival ao Sporting Carballiño. O partido está marcado para as 16 horas nos Remedios.
FICHA TÉCNICA
Atlético Vilariño (0): Rodrigo, Joshúa, Obaya, Martín (Miguel, m.67), Jorge García (Yago, m.82), David, Sergio, Otero (Kike, m.75), Pedro (José Ramón, m.84), Jorge Martínez e Hugo.
Pabellón CF (1): Julián, Miguel Ángel (Aldán, m.47), Mario Langa, Berni, Álvaro, Numan (Cristian, m.69), Pablo Langa (Cachaldora, m.83), Sergio, Justino, Pancho (Sergio Méndez, m.85) e Caseiro (Antón, m.63).
Árbitro: Diallo Diallo, asistido nas bandas por Cabano Docasar e Jiménez Domínguez (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Jorge Martínez (m.44) e Yago (m.90) nos locais e a Caseiro (m.55) e ao adestrador Luis Parada (m.65) nos visitantes.
Goles: 0-1, m.23: Numan.
Incidencias: Partido da oitava xornada da Primeira Galicia-Grupo 4º. Campo de O Medo en Vilariño.