El tiempo
lunes. 29.04.2024
El tiempo

SEGUNDA GALICIA

Primeiro triunfo do Senior con solvencia

Cómodo triunfo (4-0) do Pabellón contra o Parada do Sil no campos de Os Remedios no que foiu a primeira vitoria para os de Toño Sanmartín.

Baixo unha intesa calor os pabellonistas levaron a iniciativa maioritariamente na primeira metade, que se resolvería cun gol de Dani ao borde do ecuador desta fase.

No segundo tempo os branquiverdes setenciarían o choque nos seis primeiros minutos cos tanto de Aldán e Mael para colocar un claro 3-0 no marcador.

A partir de ahí os de Toño Sanmartín controlarían a situación e no último cuarto de hora Iago Nieto pecharía a conta anotando o cuarto para os seus.

Na próxima xornada o Pabellón visita ao Paderne no campo de Vista Hermosa. O rival acumula dúas vitorias e una empate no arranque de competición para sumar 7 puntos.

FICHA TÉCNICA

Pabellón CF (4): Nacho, José, Rober (Diego, m.65), Berni, Iago, Aldán, Sergio, Luis, Iván, Dani (Iago Nieto, m.55) e Mael (Toubes, m.72). 

CF Parada do Sil (0): Anxo, Cheri, Sete, Jaime, Paco (Isma, m.46), Lass (Martín, m.46), Óscar (Pancho, m.55), Aldo (Peke, m.46), Yeray, Soe (Alfonso, m.55) e Rodri. 

Árbitro: Jonathan Diéguez Nóvoa (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Iago Nieto (m.85) nos locais.

Goles: 1-0, m.21: Dani. 2-0, m.48: Aldán. 3-0, m.51: Mael. 4-0, m.76: Iago Nieto.

Incidencias: Partido da terceira xornada da Segunda Galicia-Grupo 2º. Campo Miguel Ángel-Os Remedios de Ourense.

Primeiro triunfo do Senior con solvencia