Pretempada 2022-2023
Primeiras consignas aos infantís, que este mércores comezan a pretempada
Este martes estaban citados todos os xogadores de idade infantil nas inatalacións de Os Remedios para unha primera toma de contacto cos que serán os seus adestradores durante esta tempada, que lles deron as primerias consignas.
Tres caras novas para os tres equipos que terá en competición o club. No conxunto da División de Honra, categoría de nova creación, estará Iván Alonso; Miguel Carballo dirixirá ao Promesas na Liga Galega e David Valderas ao Pabellón B na categoría provincial. Víctor Pulido, tamén novo no club, será o axundante do Infantil A e B.
Os primeiros adestramentos serán por idades, polo que este mércores ás 11.30 horas vestiránse de corto os de primeiro ano (2010) e ás 17 horas os de segundo ano (2009).