Primeira toma de contacto cos equipos senior, xuvenis e cadetes
Este luns que abría o mes de agosto supuxo a primeira toma de contacto entre directivos, adestadores e xogadores dos equipos senior, xuvenís e cadetes de cara á pretempada para preparar o inicio das diferentes competicións previstas para a fin de semana do 11 e 12 de setembro.
Luis Parada e Julio Casanova seguen ao mando do conxunto Senior, no retorno do equipo á Primeira Galicia, que foi o único que pisou o sintético de Os Remedios este luns.
David Carnero e Cristian Morgade manteñense ao mando do Xuvenil "A" que competirá na Liga Nacional e Guillermo García con Manuel Doval estarán no Xuvenil "B" de Liga Galega.
Finalmente, Rubén García dirixirá o Cadete "A" na División de Honra con Antonio Dacosta como segundo adestrador, que retorna ao club despois de vinte anos. No Cadete "B" rexistrarase o debut de Brais Vidal no banquillo branquiverde con Jack Pereira como axudante. O Cadete Promesas estará adestrado por Viti Blanco.
A partir deste martes todos comezarán a traballar no campo cos días e hora establecidos ata o venres e, nalgún caso, con partidillo programado para o sábado pola mañá. Neste momento todas as plantillas están por configurarse.