El tiempo
martes. 23.04.2024
El tiempo

Primeira derrota do Senior nos Remedios diante dun bo Sporting Carballiño

Primeira derrota do Pabellón no campo dos Remedios diante dun rival que foi mellor e que fixo valer a súa maior veteranía para sacar adiante o partido. Os carballiñeses chegaban sen coñecer a derrota como visitantes e cunha racha de dúas vitorias consecutivas que elevaron a tres con este triunfo.

O primeiro tempo despachouse con vantaxe visitante gracias ao tanto de Camba apenas trascurrida a media hora de xogo. Antes os carballiñeses gozaran de varias oportunidades para marcar en sendos remates de Camba e un disparo lexano de Martín.

Os de Luis Parada querían pero non podían, superados sempre pola defensa rival, Incluso os de Mindo tiveron outro par de oportunidades para haber aumentado as distancias en accións de Martín e Diego Viñas. Finalmente, ao descanso chegaríase con ese marcador desfavorable para os locatarios (0-1).

Segunda metade

Tras o paso por vestiarios os branquiverdes intentaron levar perigo á meta rival pero apenas dispuxeron de oportunidades. Houbo varias chegadas pero sen dar sensación de perigo no área rival.

Foron pasando os minutos e os pabellonistas cando máis atacaban, chegaría o segundo tanto dos visitantes a dez minutos do final por medio de Robin tras un rexeite por un saque dende o curruncho. Xa co tempo cumprido, o Sporting aumentaría a vantaxe anotando o terceiro obra de Chivas, recén entrado no terreo de xogo dende o banquillo.

O Pabellón segue fóra dos postos de descenso con 5 puntos, o mesmo número de goles que acumula nas sete xornadas disputadas e que o colocan como equipo menos realizador do grupo. Non ter gol penaliza moito. O próximo domingo visitan ao Atlético Vilariño, que ocupa a última praza con 2 puntos.

FICHA TÉCNICA

Pabellón CF (0): Julián, Carracedo, Sergio (Marcos, m.80), Carid, Aldán, Simón (Cristian, m.73), Cacha (Langa, m.58), Mociño, Pancho (Caseiro, m.65), Numan (Antón, m.65) e Mauro.

Sporting Carballiño (3): Borja, Pol (José Manuel, m.67), Robin, Camba (Iván, m.56), Martín (Chivas, m.89), Diego, Dilan (Pablo, m.67), Adrián, Juanpe, Rubén (Mosquera, m.77) e Alejandro.

Árbitro: Pintos Fernández, asistido en las bandas por Boimorto Blanco e Betancourt Aguirre (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Carracedo (m.51) e Carid (m.62) nos locais e a Martín (m.41) e Alejandro (m.67) nos visitantes.

Goles: 0-1, m.31: Camba. 0-2, m.80: Robin. 0-3, m.90: Chivas.

Incidencias: Partido da sétima xornada da Primera Galicia-Grupo 4º. Campo Miguel Ángel-Os Remedios de Ourense.

Primeira derrota do Senior nos Remedios diante dun bo Sporting...