El tiempo
domingo. 05.05.2024
El tiempo

LIGA NACIONAL XUVENIL

Previa | O Xuvenil "A" necesita a vitoria

Pabellón CF –  CD Lugo "B" (Miguel Ángel-Os Remedios; domingo 7, 12:00 horas):

Despois do parón competicional pola Semana Santa, o primeiro equipo xuvenil (24 puntos) retoma a actividade para afrontar as sete últimas xornadas na Liga Nacional. O Lugo "B" (29) será o rival deste domingo. 

Os branquiverdes necesitan a vitoria para manter unha distancia prudente sobre a zona de descenso directo da que o separan seis puntos. A maiores, se cabe, recortar diferenzas con respecto aos rivais máis próximos que o superan na táboa clasificatoria, un deles a escuadra lucense.

En canto ao estado da plantilla para este choque en terras santiaguesas os técnicos Iván Alonso e Brais Silva teñen as baixas de Manu Cougil e o sancionado Bruno Moure. Con respecto á anterior xornada recuperan a Machaca, Santi Granja e Adrián.

Os branquiverdes afrontan a recta final do campionato con sete partidos por diante

O Lugo "B" preséntase a esta cita cunha serie de sete partidos consecutivos sen perder (cinco vitorias e dous empates) que lle permitiron sair da zona de descenso directo. Como visitantes levan sumados 13 puntos derivados de catro triunfos, unha igualada e oito derrotas. Anotaron 15 goles e recibiron 28.

No partido da primeira volta os lucenses venceran no seu campo por un marcador claro de 3-0.

Adrián Estévez Blanco será o colexiado do partido, asistido nas bandas por Pintos Fernández e Iglesias Rodríguez, do Colexio de Ourense.

Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios correspondentes á XORNADA 28.

Previa | O Xuvenil "A" necesita a vitoria