Previa | O Xuvenil "A" visita ao líder
RC Celta "B" – Pabellón CF (Cidade Deportiva A Madroa; sábado 9, 16:00 horas):
A décima xornada da Liga Nacional Xuvenil depara un partido de moita complicación para o equipo pabellonista, tendo en conta que os celestes son os líderes da categoría con 24 puntos, tres máis que os ourensáns.
O conxunto olívico acumula oito vitorias e unha derrota nas nove citas disputadas e ademáis é o equipo máis realizador do grupo con 30 goles e tamén o que menos leva encaixado con tan só 4 dianas.
Será unha dura proba para os Iván Alonso, que non poderá contar por diferentes lesións con Joel Pacios, Youness e Julián, ao tempo que Cougil é dúbida por un proceso gripal.
Darío Costas Rodal, asistido nas bandas por Pérez Mouriño e Medina Espeso, do Colexio de Vigo, serán os encargados de impartir xustiza.
Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios correspondentes á XORNADA 10.