Previa | O Xuvenil A visita ao Bertamiráns
Bertamiráns FC - Pabellón CF (Municipal de Bertamiráns; domingo 9, 16:30 horas):
O Pabellón afrontará este domingo a décima xornada da Liga Nacional Xuvenil visitando ao Bertamiráns. O conxunto dirixido por Rubén García chega á cita situado na sétima posición da clasificación con 13 puntos, coa intención de volver sumar tras a derrota sufrida a pasada fin de semana no campo Miguel Ángel ante o RC Deportivo B, nun encontro con marcador excesivo que puxo fin a unha serie de tres partidos consecutivos sen perder.
O rival ocupa actualmente o 16º posto con 6 puntos, cinco deles conseguidos no seu campo. O equipo mahián arrastra unha racha de sete encontros sen coñecer a vitoria e tentará aproveitar o factor local para recuperar sensacións.
Pola súa banda, o Pabellón afronta o desprazamento con ilusión e coa confianza de manter a liña competitiva mostrada nas últimas semanas, co obxectivo de seguir avanzando cara á permanencia.
O adestrador pabellonista non poderá contar con Álex Riveiro, Maikel, Gómez, Samuel Villar, Iker Regueira, Samuel Ferraz e Mancebo, todos eles lesionados.
A arbitraxe do partido estará a cargo de Raúl García Veiras, asistido nas bandas por Troitiño Pose e Rivas Boquete, do Colexio de Santiago. Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios correspondentes á XORNADA 10.