LIGA NACIONAL XUVENIL

Previa | O Xuvenil A, ante un Victoria serio a domicilio

Pabellón CF - Victoria CF (Miguel Ángel-Os Remedios; domingo 8, 12:00 horas):

O Miguel Ángel acollerá este domingo o encontro correspondente á 21ª xornada da Liga Nacional Xuvenil, no que Pabellón e Victoria medirán forzas nun duelo directo da zona media-alta da clasificación.

O conxunto herculino chega á cita situado na sexta posición con 30 puntos, consolidado nunha zona cómoda da táboa e amosando unha notable regularidade ao longo do campionato. Ademais, os coruñeses están a ofrecer un rendemento moi solvente lonxe do seu feudo, onde presentan un balance de cinco vitorias, un empate e dúas derrotas, estas últimas fronte a Choco e Lugo B. No apartado goleador, suman trece tantos a favor e doce en contra como visitantes, cifras que evidencian equilibrio e competitividade. Os de A Coruña afrontan o choque tras dúas xornadas consecutivas sen coñecer a derrota, o que reforza a súa confianza.

Pola súa banda, o Pabellón ocupa a oitava praza con 25 puntos, inmerso nunha zona moi comprimida da clasificación, onde cada punto pode marcar diferenzas importantes. Os branquiverdes son conscientes de que sumar na casa é clave para non perder terreo, aínda que diante estará un rival con números sólidos como visitante.

Para este partido o adestrador Rubén García non poderá contar con Samuel Villar, Lucas, Álex Riveiro, Gómez e o sancionado Ander. Recupera a Jesús e Melguizo, mentres Bruno é dúbida á espera do adestramento de esta tarde.

A arbitraxe estará a cargo de Adrián Rodríguez Labrador, asistido nas bandas por Pintos Fernández Alonso Ansa, do Colexio de Ourense. Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios correspondentes á XORNADA 21.