LIGA NACIONAL XUVENIL

Previa | O Xuvenil A, ante un rival trabado como local

Alondras CF - Pabellón CF (O Morrazo; domingo 26, 12:00 horas):

No ecuador da primeira volta o Pabellón desprázase ata Cangas de O Morrazo para enfrontarse ao Alondras no partido da Liga Nacional Xuvenil

A escuadra pontevedresa suma 9 puntos, todos eles fabricados a domicilio xa que ata o momento perdeu os tres partidos que disputou como local ante Atlético Arteixo (2-4), Celta B (0-2) e Victoria (0-1).

Na pasada xornada venceron no campo do Val Miñor B, cortando unha racha negativa de tres derrotas consecutivas. Non seu haber ten 9 goles a favor e 13 en contra.

Mentres, os pabellonistas, con 12 puntos acumulados, sairon vitoriosos nas dúas últimas citas e teñen a moral moi alta. Os de Rubén García viaxan coa intención de conseguir un resultado positivo.

O adestrador ourensán mantén as baixas habituais de Álex Riveiro, David, Maikel, Gómez, Hugo e Samuel Villar. Mentres, Lucas será dúbida á espera do último adestramento semanal deste venres.

Miguel Oliveira Dios encargarase da arbitraxe do partido, asistido nas bandas por Tesouro Sánchez e Barreira Salgueiro, do Colexio de Pontevedra. Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios correspondentes á XORNADA 8.