LIGA NACIONAL XUVENIL

Previa | O Xuvenil "A" repite na casa cun recén ascendido

Pabellón CF – Atlético Arteixo (Miguel Ángel-Os Remedios; domingo 20, 12:00 horas):

Despois da vitoria da pasada fin de semana contra o Racing, o conxunto pabellonista repite como local na sétima xornada da Liga Nacional Xuvenil recibindo ao Atlético Arteixo,que por primeira vez xogará no Miguel Ángel.

O conxunto coruñés ascendeu ao final da pasada tempada a unha categoría na que milita por vez primeira e despois de seis xornadas suman 10 puntos derivados de tres vitorias, un empate e dúas derrotas, situado na zona media da táboa.

Despois de caer nos dous primeiros partidos da competición o cuadro arteixán acumula catro semanas sen perder con tres vitorias, dúas a domicilio -Arosa "B" e Bertamiráns- e un empate no seu feudo o pasado domingo contra o Lugo.

Os branquiverdes, con cinco partidos gañados de seis posibles (15 puntos), chegan a esta cita segundos na clasificación coa moral moi alta pero conscientes de que todos os partidos son difíciles e teñen diferentes historias. 

Para este choque os técnicos Iván Alonso e Brais Silva seguen mantendo as baixas por diferentes lesións de Joel Pacios, Lucas, Joel Rodríguez e súmase esta semana a de Youness.

Rubén Castro Fernández será o árbitro do partido, asistido nas bandas por Lamelas Belmonte e Rodríguez Iglesias, do Colexio de Ourense.

Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios correspondentes á XORNADA 7.