Liga Nacional Xuvenil

Previa | O Xuvenil "A" recibe a un recén ascendido

Pabellón CF –  Arosa SC "B" (Miguel Ángel-Os Remedios; domingo 15, 12:00 horas):

A segunda xornada na Liga Nacional depara un enfrontamento como local para o Xuvenil "A" contra un recén ascendido á categoría como é o caso do Arousa "B".

Os de Vilagarcía, ao igual que os pabellonistas, sumaron os tres puntos (1-0) na apertura do curso diante dun teórico aspirante ao ascenso como o CD Lugo.

Nos branquiverdes a única baixa confirmada é a de Lucas, que sufriu unha microrotura de fibras na xornada inaugural. O resto do plantel está operativo para os adestradores Iván Alonso e Brais Silva, que para esta xornada teñen dispoñible ao dianteiro Youness. 

O árbitro do partido será Álvaro Cid Rodríguez, asistido nas bandas por Cabano Docasar e Quintas García, do Colexio de Ourense.

Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios correspondentes á XORNADA 2.