LIGA NACIONAL XUVENIL

Previa | O Xuvenil A, a mellorar números

Pabellón CF - CD Conxo Santiago (Miguel Ángel-Os Remedios; domingo 14, 12:00 horas):

O Xuvenil A afronta este domingo o seu último encontro como local do ano na Liga Nacional, un duelo clave na recta final da primeira volta. Os ourensáns, que suman 18 puntos e ocupan a novena praza, reciben no Miguel Ángel a un Conxo Santiago situado xusto por detrás, décimo con 16 puntos, o que converte o choque nun enfrentamento directo pola zona media da táboa.

O conxunto compostelán chega nun bo momento de forma, despois de enlazar dúas vitorias consecutivas que lle deron impulso clasificatorio. Ademais, o equipo de Conxo presenta números equilibrados: 8 puntos na casa e 8 como visitante, cun balance lonxe do seu campo de 2 triunfos, 2 empates e 3 derrotas.

Pola súa banda, o Pabellón buscará reencontrarse coa vitoria tras tres xornadas sen gañar, e farano coa intención de mellorar os seus rexistros como local, un dos obxectivos marcados polo corpo técnico para seguir medrando no campionato. 

Coa clasificación tan apretada, o partido preséntase como unha oportunidade perfecta para que os branquiverdes dean un paso adiante e pelexen por consolidarse na metade superior da táboa.

O técnico ourensán Rubén García non poderá contar para este choque con Álex Riveiro, Maikel, Gómez, Samuel Villar, Samuel Ferraz, Melguizo e Jesús. 

Rubén Fernández Otero, asistido nas bandas por Mosquera Páez Martínez Peña, do Colexio de Ourense, serán os responsables da arbitraxe. Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios correspondentes á XORNADA 15.