UD Ourense – Pabellón CF (Albán-Coles; domingo 8, 12:00 horas):
O primeiro equipo xuvenil inicia esta fin de semana a competición na Liga Nacional cun derbi capitalino como xa sucedera o pasado curso.
Os técnicos Iván Alonso e Brais Silva non contarán para este choque co centrocampista Julián, por precaución, despois de sufrir unha lesión na pretempada.
Tampouco estará dispoñible Joel Pacios, á espera do resultado dunha resonancia. O resto de xogadores, a falta do último adestramento deste venres, están en condicións de competir.
O árbitro do partido será Adam Rodríguez Delgado, asistido nas bandas por Vázquez Álvarez e Jiménez Domínguez Muñiz, do Colexio de Ourense.
Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios correspondentes á XORNADA 1.