Previa | O Xuvenil "A" viaxa a Carballo
Bergantiños CF – PCF Xuvenil A (As Eiroas; sábado 20, 18:15 horas):
O equipo branquiverde disputará este sábado a segunda xornada da segunda volta na Liga Nacional Xuvenil viaxando ata Carballo para medirse ao Bergantiños.
Os de Iván Alonso e Brais Silva afrontan esta cita colocados na undécima praza con 19 puntos. Os técnicos non poden contar para este partido con Machaca, sancionado, e os lesionados Samuel e Cougil. Mentres, o defensa Camilo causou baixa no plantel.
Pola súa parte o Bergantiños é décimo quinto na táboa clasificatoria con 16 puntos, tres menos que os pabellonistas. No seu feudo os carballeses levan tres vitorias, dous empates e tres derrotas despois de anotar 11 goles e encaixar outros tantos.
Na confrontación da primeira volta os franxiverdes venceran 1-0 no campo de Os Remedios cun gol de Mauro.
O partido será arbitrado por Sergio Espasandín Cores, asistido nas bandas por Gil Soriano e Maneiro Santos, todos eles do Colexio de A Coruña.
Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios correspondentes á XORNADA 19.