Previa | Proba de altura para o Xuvenil A
Pabellón CF - CD Lugo B (Miguel Ángel-Os Remedios; sábado 18, 16:00 horas):
Despois da vitoria do pasado sábado en Nigrán, o Pabellón recibe ao Lugo B na cita da sétima xornada da Liga Nacional Xuvenil.
A escuadra lucense, recentemente ascendida, preséntase no Miguel Ángel ocupando o cuarto posto na clasificación con 13 puntos, catro máis que os pabellonistas.
Nas seis xornadas disputadas soamente perderon no campo do Coruxo (2-1). No resto de partidos obtivo catro triunfos e un empate. Suman 9 goles a favor e 5 en contra e nas últimas catro aparicións non coñecen a derrota.
Pola súa parte, os pabellonistas están no oitavo lugar da táboa con 9 puntos e nesta cita buscarán unha vitoria para seguir sumando puntos de cara ao principal obxectivo da permanencia.
Os de Rubén García non esquecen que un triunfo podería significar un salto de postos hacia a zona alta do grupo. O adestrador ourensán mantén as baixas habituais de Álex Riveiro, David, Maikel, Gómez, Hugo e Samuel Villar. Con respecto á semana pasada recupera a Hugo Veiras.
Adrián Rodríguez Labrador é o colexiado designado para dirixir o partido, asistido nas bandas por Lamelas Belmonte e Feijóo Pazos, do Colexio de Ourense. Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios correspondentes á XORNADA 7.