LIGA NACIONAL XUVENIL

Previa | Saída moi complicada para o Xuvenil "A"

RC Deportivo "B" - Pabellón CF (Abegondo; domingo 4, 12:30 horas):

A xornada trinta da Liga Nacional Xuvenil depara unha saída moi complicada para o Pabellón coa visita ao Deportivo "B", segundo clasificado.

A cinco datas do final da competición os branquiverdes (52 puntos) teñen moi difícil recortar a distancia que existe coa última praza de ascenso que ocupa o Lugo (58) con seis puntos de vantaxe. Pero mentres as matemáticas non digan o contario o equipo vai a seguir loitando. 

Os números do Deportivo "B" (71) en Abegondo mostran dez triunfos, dous empates e tres derrotas que deixaron trinta e dous puntos ata hoxe.

Joel, con rotura de clavícula, e un dos que se perderá o resto da tempada
Joel, con rotura de clavícula en Porriño, e outor dos lesionados que se perderá o resto da tempada

Chama a atención o elevadísimo número de goles que levan anotados no seu feudo, corenta a seis, dous menos dos que suman os branquiverdes na totalidade dos partidos. Na primeira volta os coruñeses gañaran no Miguel Ángel (2-4), unha cita que deixou a grave lesión de Álex Riveiro.

Para este partido seguen as ausencias de CougilDavid, Álex Riveiro, Gómez, Joel Pacios, Joel e Youness. Os técnicos Iván Alonso e Xoel Docampo recuperan a Abraham e a Julián.

O árbitro do partido será Pablo Rey Rodríguez, asistido nas bandas por Izzi Jorge e García Fente, do Colexio de A Coruña. Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios da XORNADA 30.