Previa | Rival directo para o Xuvenil "A"

Pabellón CF – CD Lugo (Miguel Ángel-Os Remedios; domingo 23, 12:00 horas):
O feudo branquiverde acolle unha interesante cita da parte alta da táboa da vixésimo segunda xornada no Grupo 1º da Liga Nacional Xuvenil. Aínda que a diferenza neste momentos é de nove puntos a favor dos ourensáns (42), os lucenses (33) teñen un partido menos e o desenlace deste choque podería ter bastante repercusión.
O equipo da cidade das murallas tivo un mal comezo de competición, pero a medida que foi avanzando a competición foron escalando posicións ata situarse moi preto dos postos de ascenso.
Recentemente sufriron unha freada con dúas derrotas consecutivas diante de Coruxo e Bertamiráns, pero a semana pasada sumaron tres puntos de moito valor no campo do Racing de Ferrol, ao que afastaron da zona de ascenso.
Dezasete puntos levan sumados a domicilio, un máis que como local, despois de cinco vitorias, dous empates e tres derrotas. Anotaron quince goles e recibiron dez.
Os de Iván Alonso, cunha racha de nove partidos sen perder, reduciron inquilinos na enfermería e ten prácticamente a todos os xogadores dispoñibles para este choque, soamente coa dúbida de Abraham.
A arbitraxe correrá a cargo de Adrián Rodríguez Labrador, asistido nas bandas por Cusset Ramírez e Sande Noriega, do Colexio de Ourense. Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios da XORNADA 22.