Previa | O Xuvenil "A", a manter a racha
Pabellón CF – Porriño Industrial (Miguel Ángel; domingo 17, 12:00 horas):
Segue avanzando a competición na Liga Nacional Xuvenil e alcanza xa a undécima xornada, un terzo do campionato, na que os de Iván Alonso reciben ao colista do grupo.
Un Porriño (5 puntos) que ven de gañar (2-1) sobre a bocina o primeiro partido da tempada ao CD Lugo. Antes dese enfrontamento soamente había sumado 2 puntos como consecuencia dun empate como local co Areosa (0-0) e outro no campo do Ural Español (2-2).
Como visitante o conxunto porriñés sumou esa igualada na Coruña e o resto foron catro derrotas. Anotou 4 tantos e encaixou 18.
Os branquiverdes, terceiros na táboa con 24 puntos e ocupando praza de ascenso, queren aproveitar a inercia das últimas xornadas despois de tres vitorias consecutivas, a última delas co Celta "B" nun campo tan inaccesible como A Madroa ante o que ata ese momento era o líder.
Para este partido Iván Alonso, ten as baixas por diferentes lesións de Joel Pacios, Cougil, Julián e André.
Tampouco estará Brais Silva, que exercía as labores de axudante do primeiro adestrador. Motivos persoais impediron a súa continuidade e o club lle agradece o seu compromiso e traballo nestas tres campañas que estivo no club.
A arbitraxe correrá a cargo de Adrián Estévez Blanco, asistido nas bandas por Álvarez Yzquierdo e Shery Díaz, do Colexio de Ourense.
Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios correspondentes á XORNADA 11.
Recoñecemento a Escola Celta Genuine
Nos prolegómenos do partido o club quere facer un recoñecemento aos alumnos da Escola Celta Genuine de Ourense, que desenvolve o seu traballo no campo Miguel Ángel todos os luns.
A actividade que organiza a Fundación Celta, en colaboración co Pabellón CF, acumula xa tres años de existencia e na actualidade conta con 21 participantes.