El tiempo
sábado. 27.04.2024
El tiempo

LIGA NACIONAL XUVENIL

Previa | Rival en zona de ascenso para o Xuvenil "A"

Atco. Coruña Montañeros –  Pabellón CF (A Grela 1; sábado 9, 12:15 horas):

Consciente das dificultades que entraña este partido a escuadra pabellonista afronta esta saída coa intención de cazar puntos ante un rival que ocupa a primeira praza de ascenso á División de Honra. Coruñeses e ourensáns abrirán a  xornada vinte e cinco da Liga Nacional Xuvenil.

Os de Iván Alonso e Brais Silva preséntanse a esta cita situados no posto quince con 23 puntos despois de cortar unha racha de sete partidos consecutivos sen gañar. Están fóra do descenso con seis puntos de marxe. O Atlético Coruña Montañeros ten 45 puntos colocado no terceiro lugar da táboa clasificatoria.

Para este choque son baixas por sanción Lamús, que para a seguinte semana xa estaría dispoñible, por lesión Manu Cougil e por ciclo de cartóns amarelos Soriano. Tamén segue sancionado o técnico Iván Alonso. A novidade na convocatoria é a presenza de Santi Granja unha vez finalizada a suspensión.

Os pabellonistas xogan ante un rival moi potente

Vinte puntos suman os herculinos como locatarios tras conseguir seis vitorias, dous empates e catro derrotas nos que anotaron 22 goles e encaixaron 15.

Curisosamente os coruñeses levan sumados máis puntos a domicilio (25). Na primeira volta venceran 0-2 no Miguel Ángel-Os Remedios.

O colexiado do partido será Alexandre Represas Rodríguez, asistido nas bandas por Jorge Andrés Izzi e Mario Balsa Ramallo, todos eles do Colexio de A Coruña.

Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios correspondentes á XORNADA 24.

Previa | Rival en zona de ascenso para o Xuvenil "A"