El tiempo
lunes. 29.04.2024
El tiempo

LIGA NACIONAL XUVENIL

Previa | Visita ao líder para o Xuvenil "A"

RC Deportivo "B" –  Pabellón CF (Abegondo; domingo 4, 12 horas):

Novo partido complicado para os branquiverdes coa visita ao Deportivo "B", líder do Grupo 1º da Liga Nacional, na  xornada vinte e un no Mundo do Fútbol.

Os de Iván Alonso e Brais Silva afrontan esta cita colocados no posto trece con 20 puntos despois de catro confrontacións sen gañar saldadas con dúas igualas.

Para este partido seguen sendo baixas, a falta do adestramento deste venres, Samuel e Manu Cougil. No partido da primeira volta os branquiazuis venceran 0-1 nos Remedios.

Abegondo, campo inaccesible

O conxunto herculino, que encabeza a táboa clasificatoria con 52 puntos, gañou todos os partidos que disputou como local.

É dicir, nove vitorias en outros tantos partidos nos que marcou 38 goles e encaixou 8. Os deportivistas chegan a esta cita despois de caer (3-2) no campo do Pontevedra.

O partido será arbitrado por Rodrigo García Gómez, asistido nas bandas por Medina Gavilán e Hajjout Ibrahim, todos eles do Colexio de A Coruña.

Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios correspondentes á XORNADA 21.

Previa | Visita ao líder para o Xuvenil "A"