Previa | Estrea nun campo difícil para o Senior
Rocas CF - Pabellón CF (San Pedro de Rocas; domingo 7, 17:00 horas):
Os branquiverdes debutarán, no seu regreso á Segunda Futgal, visitando un campo de superficie de terra que esirirá moito traballo e un fútbol práctico durante os noventa minutos.
A moral está moi alta nos pabellonistas despois da remontada copeira o pasado domingo no campo do Paderne. Sen embargo, a cita tivo un alto prezo no plantel en canto a lesionados.
Haberá que esperar ao último adestramento deste venres para ver se Toño Sanmartín pode recuperar a algún dos mancados. Changui, Noli e Enrique son baixas confirmadas por diferentes motivos. Pede, Rober, Rubén, Miguel Ángel e Luis están entre algodóns. O técnico branquiverde espera recuperar a varios deles para esta cita.
Zeus Gómez Míguez será o arbitro do partido. Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios da XORNADA 1.