Previa | Tres puntos obrigados para o Senior

Pabellón CF - CD Barra da Miño (Miguel Ángel-Os Remedios; domingo 2, 16:00 horas):
Despois da fallida saida ao campo do líder, os branquiverdes volven ao Miguel Ángel para xogar contra un adversario penúltimo na táboa no choque correspondiente á decimoquinta xornada na Terceira Futgal-Grupo 1º.
Os de Toño Sanmartín (24) teñen unha cita con tres puntos innegociables para seguir en posto decpromoción.
O Barra de Miño aínda non puntuó a domicilio. Os 7 puntos que suman foron no campo de O Tato. Na primeira volta os branquiverdes gañaran 0-1.
As baixas por diferentes motivos non abandonan aos pabellonistas. Dani, Cacha, Changui, Berni, Guille, Rubén e Madrigal non estarán neste partido. Aldán, que xa comezou a adestrar, entrará na convocatoria.
A arbitraxe estará a cargo de Lucas Alonso Ansa. Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios correspondentes á XORNADA 15.