TERCEIRA FUTGAL OURENSE

Previa | Difícil cita do Senior no campo do líder

CD Moreiras - Pabellón CF (A Costoira; sábado 25, 16:15 horas):

Partido de altos vuelos entre Moreiras, primeiro clasificado, e Pabellón, segundo, na primeira xornada da segunda volta na Terceira Futgal-Grupo 1º e que corresponde á decimocuarta data do calendario.

Os de Toño Sanmartín (24 puntos) intentarán puntuar, cousa que será moi complicada, ante un líder (25) que no seu feudo leva sumadas seis vitorias e tan só unha derrota, con 31 tantos anotados como local e con 7 encaixados.

No único partido que o Moreiras non conseguiu marcar foi no que abriu a competición no Miguel Ángel con vitoria branquiverde (3-0) en setembro do ano pasado.

Cachaldora, Dani, Aldán, Berni, Guille, Román e Anxo non estarán no campo de A Costoira por diversas causas e tamén haberá que esperar ao último adestramento semanal na noite deste venres para coñecer o número de xogadores dispoñibles.

O árbitro do partido será Zeus Gómez Míguez. Pinchando no seguinte enlace pódese ver os partidos e horarios correspondentes á XORNADA 14