Previa | Prohibido fallar para o Senior

Pabellón CF – CD Vilar de Barrio (Miguel Ángel-Os Remedios; domingo 7, 17:00 horas):
O equipo branquiverde (33 puntos) afronta a primeira das seis finais que lle quedan para sumar os puntos necesarios para manterse no Grupo 2º da Segunda Galicia. A distancia con respecto á zona de permanencia é de 4 puntos.
Non poden fallar contra un rival (16 puntos) que chega descendido matemáticamente e que acumula sete partidos consecutivos sen gañar nos que soamente colleitaron dous empates sen goles.
Para este partido o adestrador local Toño Sanmartín recupera a ten as baixas de Marcos, Berni, Madrigal e Mael. Tamén é dúbida Sandro.
Como visitante o Vilar de Barrio gañou dous partidos, empatou catro e perdeu seis, anotando 18 tantos e encaixando 39. No enfrontamento da primeira volta disputado no campo de A Corga os pabellonistas impuxéranse por 0-1.
O partido será arbitrado por Rubén Pérez Martínez. Pinchando no seguinte enlace pódese ver os partidos e horarios correspondentes á XORNADA 25.