Previa | O Senior, mermado, a seguir a racha
CD A Bola – Pabellón CF (Manolo Misto; domingo 10, 16:30 horas):
Coa intención de manter a racha positiva nas últimas cinco xornadas, os branquiverdes (32 puntos) visitan a un rival (12) que acumula catro partidos consecutivos sen gañar e que ocupa a penúltima praza no Grupo 2º da Segunda Galicia.
O conxunto que adestra Toño Sanmartín presenta para este partido prácticamente as mesmas baixas por lesión da semana pasada: Sandro, Iago, Miguel Ángel, Berni e Madrigal.
A maiores engrosa a enfermería o meta Anxo, mancado nos minutos finais do choque co Rocas. O único positivo é a volta de Aldán tras cumprir sanción por acumulación de amonestacións. Tamén está a dúbida ata última hora do capitán Iván e haberá que completar a convocatoria con xuvenís.
No seu feudo o A Bola leva sumados oito puntos como consecuencia de dúas vitorias, dous empates e cinco derrotas nas que marcou 11 goles e recibiu 21. Parada do Sil e Trives foron as súas vítimas no Manolo Misto. Nas catro últimas xornadas soamente conseguiron un empate.
No enfrontamento da primeira volta disputado no campo Miguel Ángel-Os Remedios os pabellonistas impuxéranse por un apretado 2-1.
O partido será arbitrado por Adrián Rodríguez Labrador. Pinchando no seguinte enlace pódese ver os partidos e horarios correspondentes á XORNADA 22.