El tiempo
lunes. 29.04.2024
El tiempo

SEGUNDA GALICIA OURENSE

Previa | O Senior xoga no campo do colista

Parada do Sil CF –  Pabellón CF (Os Torgás; domingo 4, 16:30 horas):

Despois da balsámica vitoria do PCF Senior na pasada xornada ante o Taboadela, os branquiverdes visitan na próxima xornada da Segunda Galicia ao al Parado do Sil, que ocupa a última posición do Grupo 2º.

Toño Sanmartín non poderá contar con Ivan, Diego, Mael e Marcos por diferentes motivos. Con respecto á pasada convocatoria retornan Iago Nieto e Anxo. 

O equipo pabellonista esta ubicado no undécimo lugar da clasificación con 24 puntos. Nesta cita non cabe outro obxectivo que sumar os tres puntos aunque para iso deberá poñerse o mono de traballo.

O rival, sen puntuar

O Parada do Sil aínda non conseguiu puntuar no que vai de campionato, acumulando dezasete derrotas. No campo de Os Torgás anotaron 5 goles e encaixaron 43. 

No partido da primeira volta celebrado no campo dos Remedios os branquiverdes obtiveran unha vitoria de forma holgada por 4-0.

O partido será arbitrado por Xoel Pintos Fernández. Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios correspondentes á XORNADA 18.

Previa | O Senior xoga no campo do colista