Previa | O Sénior visita a un rival necesitado
UP Taboadela - Pabellón CF (Outeiro do Miogo; domingo 25, 16:15 horas):
O campo do Outeiro do Miogo acollerá esta fin de semana o encontro correspondente á xornada 19 da Segunda Futgal entre taboadeláns e pabellonistas, un duelo con necesidades e contextos ben diferentes para ambos conxuntos.
O equipo local chega á cita nunha situación delicada a nivel clasificatorio. O Taboadela ocupa a decimosexta posición da táboa con 14 puntos, uns números que reflicten as dificultades que está a atravesar ao longo da tempada. De feito, chama a atención que os seus mellores rexistros chegaran lonxe da casa, onde sumou 10 dos seus puntos, mentres que como local apenas conseguiu, froito dunha vitoria e un empate. Nos outros seis encontros disputados no Outeiro do Miogo, os taboadeláns caeron derrotados, cun balance de seis goles a favor e quince en contra.
Pola súa banda, o Pabellón preséntase no choque instalado na oitava praza con 28 puntos, todos eles conseguidos na primeira volta do campionato. O conxunto branquiverde viu cortada na xornada anterior, fronte ao Rocas, unha notable serie de sete partidos ligueiros consecutivos sen coñecer a derrota, polo que agora buscará retomar a senda positiva.
O obxectivo dos pabellonistas pasa por sumar no Outeiro do Miogo, un escenario no que a superficie do terreo de xogo esixirá un fútbol moi práctico, directo e sen florituras para poder sacar algo positivo. Ademais, a previsión dunha climatoloxía adversa para a fin de semana engade un factor máis de dificultade a un encontro que se presenta intenso, trabado e no que cada detalle pode resultar decisivo. Na primeira volta os blanquiverdes venceran pola mínima (1-0) no Miguel Ángel.
Toño Sanmartín non poderá contar por diversas motivos con Rubén, Enrique, Mario, Jhonny Merlo e Changui. Son dúbidas Guzmán e Cacha e a única boa nova é a recuperación de Anxo.
O colexiado do partido é Iago Borrajo Rodríguez. Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios da XORNADA 19.