Previa | O Senior visita a un Cortegada necesitado
Cortegada CF - Pabellón CF (A Lomba-Sumi Cortés; domingo 26, 17:00 horas):
O Senior visita ao Cortegada no choque da oitava xornada da Segunda Futgal. Será un dos poucos partidos na provincia que se solapará co clásico do fútbol da 1ª División.
A escuadra local suma 3 puntos derivados da única vitoria, no Sumi Cortés, que leva despois de sete semanas de competición. Chegan a este partido cunha serie de cinco derrotas consecutivas e 11 goles a favor e 20 en contra.
Os de Toño Sanmartín parecen atravesar por un bo momento despois de tres vitorias consecutivas que lle levan a contar con 12 puntos, a tres dos postos da promoción de ascenso. Nesta confrontación intentarán manter a boa racha.
Por diferentes causas nos branquiverdes non estarán Xoel, Jorge, Rubén, Jhonny Merlo e Guzmán. Con respecto á semana pasada recupera ao central Luis.
Juan Ramón Dapía Francisco é o árbitro designado para este partido. Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios da XORNADA 8.