El tiempo
lunes. 29.04.2024
El tiempo

COPA DEPUTACIÓN SENIOR

Previa | Duro rival na Copa para o Senior

Pabellón CF –  Verín CF (Miguel Ángel-Os Remedios; sábado 10, 16:30 horas):

O conxunto branquiverde aparca a competición ligueira para afrontar a eliminatoria de dezaseisavos de final da XLIII Copa Deputación enfrontándose á escuadra verinense, líder da Primeira Galicia, a partido único no seu feudo.

Neste partido, ao igual que no resto de competicións nesta fin de semana do fútbol galego decretado pola RFGF, gardarase un minuto de silencio en memoria do mítico porteiro ourensán recentemente falecido D. Miguel Ángel González Suárez. Precisamente o campo dos Remedios leva o seu nome dende o ano 2010.

A entidade pabellonista informa que non se cobrará entrada pero para asistir ao partido será necesario canxear un mínimo dunha rifa por un 1 euro (incluido socios) para o sorteo dun pack de Aceites Abril.

No partido gardarase un minuto de silencio en memoria de Miguel Ángel González

Os equipos

Para esta confrontación Toño Sanmartín non poderá contar con Ivan, Diego, Sandro e Mael por diferentes motivos. Con respecto á pasada convocatoria retorna Marcos e volverán a entrar na convocatoria os xuvenís Guzmán e Iker Gómez. Todo isto a falta do ultimo adestramento previsto este venres a última hora da tarde. 

O equipo pabellonista chegou a esta eliminatoria despois de apear do torneo ao Covadonga cunha vitoria (3-5) no campo de Eiroás no mes de decembro pasado. Os capitalinos chegan a esta cita copeira coa moral alta despois de dous triunfos consecutivos no Grupo 2º da Segunda Galicia.

Pola súa parte, a escuadra verinense, gañador de dúas Copas Deputación, eliminou na anterior rolda ao Sporting Vilamarín (1-3) e por segunda vez xogará como visitante. Preséntanse nos Remedios cunha serie de nove partidos de Liga sen perder que o teñen como líder da Primeira Galicia pola diferenza de goles.

O partido será arbitrado por Hugo Alcázar González. VER PARTIDOS E HORARIOS.

Previa | Duro rival na Copa para o Senior