SEGUNDA FUTGAL

Previa | O Senior, a facerse forte no Miguel Ángel

Pabellón CF - Piñeira Seca FC (Miguel Ángel-Os Remedios; domingo 28, 17:00 horas):

A cuarta data do calendario da Segunda Futgal depara a visita do Piñeira Seca ao feudo pabellonista. O equipo de terras limiás suma 2 puntos despois de dous empates consecutivos no campo de O Touzal ante Toén (3-3) e Cenlle (1-1) despois dunha derrota na xornada inaugural na visita ao Raio 21 (4-0).

Os pabellonistas, cun punto máis na clasificación (3), tratarán de facerse fortes no Miguel Ángel como en cursos anteriores. Para este choque Toño Sanmartín non poderá contar con Jorge, Enrique, Xoel e Luis, ao tempo que Jhonny Merlo será dúbida ata último momento á espera do adestramento deste venres.

O técnico recupera a Noli, ausente nas tres primeiras citas ligueiras e no choque de Copa. Finalmente, Martín Mejuto causou baixa no plantel e o club agradecelle os servizos prestados e deséxalle sorte en futuras aventuras.

Pablo Martínez Rodríguez estará a cargo da arbitraxe deste partido. Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios da XORNADA 4.