TERCEIRA FUTGAL OURENSE

Previa | O Senior cambia a modo Copa

Pabellón CF –  Atlético Vilariño (Miguel Ángel-Os Remedios; venres 1, 12:00 horas):

A escuadra branquiverde deixa a un lado a competición ligueira para afrontrar a eliminatoria de trintaedousavos da Copa Deputación neste venres Día de todos Os Santos. 

O Atlético Vilariño, que milita na Segunda Futgal será o rival para os de Toño Sanmartín, nunha cita a partido único que lle concede unha lixeira vantaxe ao xogar como local no Miguel Ángel.

En canto a efectivos o equipo segue mermado de efectivos: Nacho, Luis, Cacha, Dani, Miguel Ángel e Noli non serán da partida por diferentes motivos. Con respeto ao último partido o técnico branquiverde recupera a Berni e Pibe tras cumprir sanción.

Ero Rodríguez Grande, que pitou a última cita ligueira en Eiroás, será o colexiado deste eliminatoria. Pinchando no seguinte enlace pódese ver os partidos e horarios correspondentes aos TRINTAEDOUSAVOS.