Previa | Saída complicada para o Senior
CD Rúa - Pabellón CF (Vicente Solarat; domingo 7, 16:00 horas):
A Segunda Futgal entra na súa 14ª xornada cun duelo de contrastes no Vicente Solarat, onde o Senior visita este domingo ao conxunto valdeorrés.
O cuadro local, oitavo na táboa con 14 puntos, presenta un rexistro tan chamativo como pouco habitual: é o segundo equipo máis goleador do grupo —só por detrás do líder— cun total de 32 tantos, pero tamén é o segundo máis castigado defensivamente, con 38 goles encaixados.
No seu feudo alternan luces e sombras, pois suman tres vitorias e outras tantas derrotas, e chegan a esta cita despois de tres xornadas consecutivas sen gañar, circunstancia que incrementa a súa necesidade de puntuar para non descolgarse da zona media.
Pola súa banda, o Pabellón afronta a viaxe con ánimo sólido e coa intención de prolongar a súa boa serie. O cadro ourensán, con 20 puntos na oitava posición, acumula tres partidos sen coñecer a derrota e procura seguir sumando para manterse nunha área tranquila da clasificación, sen renunciar a escalar máis postos.
Os branquiverdes están a amosar solvencia lonxe de Os Remedios, con dous triunfos e un empate nas seis saídas realizadas. Un novo resultado positivo permitiríalles afianzar a súa dinámica ascendente nun escenario sempre esixente como o Vicente Solarat.
Nos pabellonistas non serán da partida Rubén, Enrique, Changui e Miguel Ángel. Son dúbidas Raúl e Guzmán á espera do último adestramento deste venres. Toño Sanmartín recupera a Cacha e Numan, ao tempo que Xoel podería recibir hoxe a alt médica.
Para a labor arbitral está designado Manuel Jiménez Domínguez. Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios da XORNADA 14.