Previa | Rival en forma para o Sénior
Toén FS - Pabellón CF (A Mabelosa; sábado 21, 16:00 horas):
A 22ª xornada da Segunda Futgal trae consigo un dos encontros máis atractivos da fin de semana, cun duelo directo na zona alta da táboa entre o Toén e Pabellón.
O conxunto local chega á cita como inmediato perseguidor dos pabellonistas con 32 puntos, só dous menos cós 34 dos branquiverdes, o que converte o partido nun choque clave na loita polas posicións privilexiadas. O cadro toenés atravesa un excelente momento de forma, tal e como reflicte a súa serie de cinco encontros consecutivos sen coñecer a derrota, os tres últimos saldados con vitoria, unha dinámica que reforza a súa confianza.
Ademais, o Toén está a amosarse competitivo no seu feudo, onde suma 17 puntos tras catro triunfos, cinco empates e dúas derrotas, con quince goles a favor e once en contra. Uns números que evidencian a súa solidez como local e que anticipan un escenario esixente para os visitantes.
Pola súa banda, o Pabellón afronta unha saída de máxima dificultade na que deberá adaptarse ás circunstancias. O encontro disputarase nun campo de superficie de terra, un factor que pode condicionar o xogo e obrigará aos branquiverdes a apostar por un fútbol máis práctico e efectivo se queren regresar cun resultado positivo.
Toño Sanmartín non poderá contar por diversas causas con Rubén, Miguel Ángel, Changui e Moure, á espera do último adestramento deste venres.
A arbitraxe do partido estará a cargo de Alejandro Alonso Cobelas. Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios da XORNADA 23.