Previa | Choque directo para o Xuvenil "A"

Racing Club Ferrol – Pabellón CF (O Pote-Maniños; sábado 8, 16:30 horas):
Despois do parón polo Entroido, a Liga Nacional Xuvenil retoma a competición nesta fin de semana para afrontar a vixésimo terceira xornada cunha complicadísima saída a Ferrol para visitar a un rival directo polas prazas de ascenso.
Nesa fin de semana sen partidos a categorìa púxose prácticamente ao día coa disputa dos partidos que foran aprazados na xornada dezaoito pola climatoloxía adversa e que tiveron estos resultados: Bertamiráns 0-1 Coruxo; Lugo 2-0 Arosa "B" e Atlético Arteixo 1-1 Ural Español. Quedou pendente o Porriño-Deportivo "B" para o 15 de abril.
Os branquiverdes foron desbancados da terceira posición polo Coruxo, que suma os mesmos puntos (43) pero co golaverage particular a seu favor. Ambos ocupan as dúas posicións que permiten o salto á División de Honra.
Pero moi preto está o Racing a tres puntos (40) dos pabellonistas e polo tanto o choque entre ferroláns e ourensáns é o máis destacado da xornada.
Vinte e un puntos levan sumados como locatarios tras seis vitorias, tres empates e dúas derrotas. Neses once partidos anotaron vinte goles e encaixaron dez.
Os de Iván Alonso preséntanse a esta confrontación cunha racha de dez partidos sen perder. Sumar nesta saída sería moi positivo e permitiríalles facerse co coeficiente particular despois da vitoria (3-1) na primeira volta no Miguel Ángel. Jorge, Álex García e o cadete Melguizo son baixas para esta cita.
O colexiado do partido será Marcos Padín Pita, asistido nas bandas por Maseda Truyols e Rodríguez Souto, do Colexio de Ferrol. Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios da XORNADA 23.