Pabellón CF – AJ Lérez (Miguel Ángel-Os Remedios; domingo 18, 12 horas):
Despois do parón da pasada fin de semana con motivo dos Carnavais, a escuadra branquiverde retoma a competición recibindo a un conxunto pontevedrés que o supera en dous puntos (22) na táboa clasificatoria do Grupo 1º da Liga Nacional, na xornada vinte e dúas.
Os de Iván Alonso e Brais Silva afrontan esta cita colocados no posto catorce con 20 puntos despois dunha racha de cinco partidos consecutivos sen gañar e nos que non conseguiu anotar. Os tres puntos son máis que necesarios ante un rival da súa liga.
Para este partido son baixas por sanción no campo os defensas Lamús e Santi Granja, no banquillo o adestrador Iván Alonso e por lesión Manu Cougil, que este xoves comezou a traballar fóra do grupo. É dúbida a participación de Rubén "Machaca" e recuperan a Samuel. Todo isto a falta do último adestramento este venres.
Once puntos a domicilio suma o AJ Lérez despois de tres triunfos, dous empates e seis derrotas nos que anotou 13 goles e encaixou 23. No encontro da primeira volta os pontevedreses venceran 1-0.
O ourensán Manuel Casanova Cudeiro, asistido nas bandas por Daniel Cabano Docasar e Iago Borrajo Rodríguez, será o arbitro do encontro.
Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios correspondentes á XORNADA 22.