Previa | Proba nas alturas para o Senior
Pabellón CF – Amoeiro CF (Miguel Ángel-Os Remedios; domingo 15, 16:00 horas):
Tras caer na Copa no Día da Constitución e sen xornada na fin de semana os branquiverdes retoman a competición cunha cita por todo o alto na undécima xornada da Terceira Futgal-Grupo 1º.
O Amoeiro, cuarto con 16 puntos, preséntanse no Miguel Ángel cuns bos números como visitante, onde sumaron 10 puntos despois de tres vitorias, un empate e unha soa derrota en Cea, con 11 goles a favor e 6 en contra.
Para os de Toño Sanmartín, segundos con 18 puntos, é unha nova confrontación ante un rival directo. Os branquiverdes tratarán de manter a súa fortaleza como local cun pleno de vitorias e sen encaixar ningún gol nos tres partidos disputados.
Luis, Cacha, Miguel Ángel, Berni, Ignasi e Anxo non serán da partida por diferentes motivos. Na parte positiva xa estarán dispoñibles Dani e Jorge.
O colexiado designado para o partido é Javier Carid Pérez. Pinchando no seguinte enlace pódese ver os partidos e horarios correspondentes á XORNADA 11.