Liga Nacional Xuvenil

Previa | Dura proba para o Xuvenil "A"

Coruxo FC –  Pabellón CF (Fragoselo; sábado 21, 16:00 horas):

O conxunto branquiverde visita este sábado a un rival que a pasada campaña caeu á Liga Nacional despois de dous cursos consecutivos na División de Honra e co punto de mira posto en retornar á elite.

Os coruxistas suman 4 puntos como consecuencia dunha vitoria ampla en Fragoselo sobre o Bertamiráns (5-0) e un empate a domicilio co Lugo (1-1).

Nos branquiverdes non estarán nesta cita Álex Riveiro, por unha lesión de tipo muscular; Tiago, por enfermidade e Gómez, sancionado cun partido pola expulsión contra o Arousa "B". Lucas, ausente a pasada xornada, xa está dispoñible para este choque.

Despois de dúas vitorias na dúas primeiras xornadas (6 puntos) os de Iván Alonso e Brais Silva chegan coa moral a tope para esta complicada confrontación.

O árbitro do partido será David Táboas Lagoa, asistido nas bandas por Pérez Mouriño e Calvar Fernández, do Colexio de Vigo.

Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios correspondentes á XORNADA 3.