TERCEIRA FUTGAL OURENSE

Previa | Partido decisivo para o Senior no Barco

CD Barco "B" - Pabellón CF (Villoira; domingo 4, 17:00 horas):

A última xornada na Terceira Futgal-Grupo 1º deixa unha final para o Pabellón na visita ao Barco "B", co pase á promoción de ascenso en xogo.

Unha vitoria en Villoira garante a clasificación dos branquiverdes (45 puntos), que igualarían en puntuación ao Atlético Trelle, saíndo favorecidos polo coeficiente particular. Calquera outro resultado deixaría fóra aos de Toño Sanmartín.

Tamén cun hipotético empate a 48 puntos entre Amoeiro, Pabellón e Trelle facilitaría o pase para o optar ao salto de categoría.

O equipo valdeorrés (28) leva sumados dezasete puntos como local despois de cinco vitorias, dous empates e tres derrotas. Anotaron vinte e tres goles e encaixaron vinte e sete. Na primeira volta os barquenses caeran 1-0 deixando unha boa imaxe.

Non estarán para este partido Diego, Cacha e Pibe. Son dúbidas Dani e Ignasi. Toño Sanmartín podería completar a convocatoria con algún xuvenil.

A arbitraxe estará a cargo de Jimena Delgado Gómez. Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios correspondentes á XORNADA 26