Previa | Partido de altos vuelos para o Xuvenil "A"
Pabellón CF – Racing Club de Ferrol (Miguel Ángel-Os Remedios; domingo 13, 12:00 horas):
A sexta xornada da Liga Nacional Xuvenil ofrece o partido máis destacado en feudo branquiverde entre pabellonistas (12 puntos) e ferroláns (15 puntos), os dous equipos que ocupan as dúas prazas de ascenso á División de Honra.
O conxunto departamental é o actual líder da categoría despois dun pleno de cinco vitorias. É o único equipo que gañou todos os partidos. Valladares (2-1), Bertamiráns (1-3), Deportivo "B" (1-0), Lugo (0-2) e AJ Lérez (3-2) foron as súas vítimas.
Os branquiverdes, con dos triunfos de dos en el Miguel Ángel tras anotar 9 goles y encajar 2, afrontan a cita dominical coa ilusión de ser o primeiro equipo en derrotar a un Racing intratable ata hoxe.
De cara a este choque os técnicos Iván Alonso e Brais Silva seguen mantendo as baixas por lesión de Joel e Lucas e recuperan a Álex Riveiro e Youness. Mentres, Joel Pacios acumula xa dúas semanas de adestramentos co grupo despois da súa grave lesión.
O árbitro do partido será Adrián González Rey, asistido nas bandas por Losada Gutiérrez e Cid Seara, do Colexio de Ourense.
Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios correspondentes á XORNADA 6.