Previa | Partido de seis puntos para o Senior
Pabellón CF – Rocas CF (Miguel Ángel-Os Remedios; domingo 3, 16:30 horas):
Seguen os partidos de carácter directo para os pabellonistas diante dun rival que a pasada semana viu supendido o seu partido co Raio Alaricano pola climatoloxía adversa. O choque corresponde á xornada vinte e unha no Grupo 2º da Segunda Galicia.
O equipo que dirixe Toño Sanmartín presenta un carrusel de baixas para este partido por lesións: Iván, Sandro, Iago, Miguel Ángel, Berni, Madrigal e Aldán, neste caso por acumulación de amonestacións. O equipo soamente ten dispoñibles a 12 futbolistas, polo que haberá que completar a convocatoria con xuvenís.
A escuadra branquiverde acumula catro xornadas consecutivas sen perder e situada na novena posición da clasificación con 29 puntos, dous máis que o seu rival deste domingo.
O Rocas (27 puntos) acumula once puntos como visitante tras obter tres triunfos, dous empates e catro derrotas nas que marcou 16 goles e encaixou 11. Nas tres últimas xornadas soamente conseguiron un empate.
No enfrontamento da primeira volta disputado no campo de San Pedro de Rocas impuxéranse 1-0.
O partido será arbitrado por Ero Rodríguez Grande. Pinchando no seguinte enlace pódese ver os partidos e horarios correspondentes á XORNADA 21.