Previa | Nova cita directa para o Senior
CD Cea – Pabellón CF (O Lodairo; domingo 1, 16:15 horas):
Tras un fin de semana sen competición pola retirada do Parada do Sil, os branquiverdes volven ao terreo de xogo cun partido complicado dentro da décima xornada da Terceira Futgal-Grupo 1º.
O Cea (12 puntos), xunto aos pabellonistas, é un equipo que non coñece a derrota como local. Tres vitorias ante Trives (3-0), Covadonga (2-0) e Amoeiro (2-1), e un empate co Atlético Trelle (2-2), e a súa bagaxe no Lodairo, onde anotaron nove goles e encaixaron tres.
Na última confrontación o equipo panadeiro caía cun marcador abultado (6-0) no campo do Sporting Vilamarín.
Para os de Toño Sanmartín (15), volven a xogar a domicilio despois da vitoria no campo de Atlético Trelle. Pese a non xogar a pasada fin de semana, o equipo segue ubicado na segunda praza dun grupo cunha táboa clasificatoria moi comprimida con tan só tres puntos de diferenza entre o segundo e o sétimo lugar.
Para este partido son baixa por diferentes motivos: Luis, Cacha, Dani, Miguel Ángel e Changui. Son dúbidas ata último momento Pibe e Numan.
O colexiado designado para o partido é Diego Otero Varela. Pinchando no seguinte enlace pódese ver os partidos e horarios correspondentes á XORNADA 10.